GALICIA EN FIOS

Exposición de “GALICIA en fios”

Comezo  /  Eventos  /  Actos  /  Páxina actual

Son Lorena Quintas Rejo, una moza ourensá, da fermosa vila de Allariz, e hoxe estouvos presentado a exposición de “GALICIA en fios”. A través destes deseños elaborados con fios pretendo dar a coñecer os sinais máis identificativos da Comunidade.

Nesta exposición faremos unha viaxe ó longo do tempo, somerxerémonos na historia presente e pasado de Galicia, comezando polos seus orixes celtas, pasando pola época romana ata chegar o século XXI. Tamén podedes ver referencias o noso folclore, onde a muñeira e os gaiteiros son a herdanza musical dende hai centos de años, e falando disto, non podiamos esquecer o Camiño de Santiago. Desde a Idade Media miles de peregrinos chegan a Galicia cada ano, procedentes de todos os recunchos do mundo, convertendo así a Compostela nun referente.

Desfrutade das nosas paisaxes, das nosas vilas e cidades, xa que en cada anaquiño desta terra máxica ides encontrar gastronomía, cultura e tradicións que vós sorprenderán.

Moita da xente que visita esta exposición queda abralada pola técnica empregada, non se trata de pintura nun bordado, senón  que consiste nun pegado de fíos. O secreto desta orixinal técnica é a paciencia, dedicación e habilidade manual mediante o tacto, xa que teño una diversidade funcional visual total e estas son as únicas ferramentas das que dispoño para confección destes deseños.

Co proxecto xogo de xogo de fíos quero dar a coñecer o meu traballo pero, ao mesmo tempo, animar a otra xente con discapacidade coma min a perseguir obsectivos e non renderse. O optimismo move barreiras.

Por iso, hoxe é un dia importante para min xa que decidistes achegarvos ate este espazo para desfrutar uns intres da miña obra. Quero aproveitar para agradecervos a vosa visita e as vosas valoración.

GRAZAS E ESPERO QUE VOS GUSTE!


  • Detalle
  • Imaxes
  • Etiquetas
  • Máis